O Parlamento aproba un plan de AGE para incorporar mozas e mozos á actividade agraria

Antón Sánchez, no Parlamento © AGE

O Parlamento aprobou unha proposta de AGE para crear un grupo de traballo que impulse un programa para incorporar mozas e mozos á actividade agraria. O grupo traballará a partir de medidas concretas, como a dotación de medios ás oficinas de actividades agrarias, a creación de liñas prácticas en explotacións agrarias, o potenciamento dos mercados locais e circuítos curtos de comercialización, ou que os concellos xestionen as terra do Bantegal.

O obxectivo é, en palabras do deputado Antón Sánchez, “realizar unha transición nacional dunha agricultura industrial cara a outra rexeneradora, que ten vantaxes económicas, sociais e ambientais”. “O modelo agrícola produtivista está esgotado, no mundo e en Europa”, expuxo o parlamentario de AGE, “e é hora de dar paso a novos paradigmas: soberanía alimentaria, sustentabilidade, multifuncionalidade da agricultura”. O obxectivo central da iniciativa de Antón Sánchez reside na incorporación de mozas e mozos á actividade agraria en Galicia, tamén como unha medida máis para intentar inverter a pirámide da poboación. “Existe unha alta relación entre o abandono da actividade agraria e o envellecemento da poboación”, denunciou Alternativa.

Antón Sánchez, no Parlamento © AGE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.