O PP di agora que a comisión de investigación das caixas podería comezar o 1 de setembro

Pedro Puy © PPdeG

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, anunciou este mércores que o seu partido rexistrou unha petición para que agosto sexa un mes "hábil" no Parlamento para poder así convocatoria dunha sesión extraordinaria para constituír a Comisión de Investigación das caixas de aforros. E iso a pesar de que o martes Antonio Rodríguez Miranda afirmara que non había "presa" pola comisión e que lle recomendara ao PSdeG-PSOE que "agardase".

A creación da comisión de investigación, que a oposición vén reclamando dende hai meses, aprobouse por unanimidade nun pleno extraordinario o pasado 2 de agosto. Puy afirmou que este compromiso “estaba condicionado á viabilidade da entidade resultante das antigas caixas, en concreto Novagalicia Banco, e entendemos que coas novas que se veñen producindo ao longo das últimas semanas ten garantida a súa viabilidade como entidade financeira propia e domiciliada en Galicia”.

Caride preguntoulle a Feijoo que "agacha" que "non quere que se saiba" para non entregar a auditoria de KPMG

Pola súa banda, o PSdeG-PSOE volveu reclamarlle hoxe á Xunta que lle envíe ao Parlamento a auditoría que encargara a KPMG para analizar a viabilidade da fusión das caixa e que, como denunciou Maria Xosé Caride Feijóo mantén "secuestrada". Caride lembrou que "levamos dous anos agardando"e preguntoulle ao presidente da Xunta que "agacha" que "non quere que se saiba". Caride salientou que ese documento se pagou "cos cartos de todos os galegos" e que o Goberno ten a obriga de facer públicos os documentos que se lle requiran.

Pedro Puy © PPdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.