O PSdeG acusa a Feijoo de aceptar unha nova tesoirada, imposta por Madrid, despois de tres anos de recortes

María José Caride © PSdeG-PSOE

María José Caride, voceira de Facenda do PSdeG, criticou este venres que o Plan Económico Financeiro de Requilibro do Goberno galego, aprobado no Consello de Política Fiscal e Financeira do xoves, supón “castigar dobremente a Galicia” e lamentou que o presidente da Xunta "teña aceptado un novo axuste orzamentario logo de tres anos de recortes drásticos aos galegos e galegas". A responsable socialista afirmou que o Plan Económico Financeiro de Requilibro obrigará aos pensionistas e asalariados a pagar os 50 millóns de euros que a Xunta prevé recadar a costa de implantar o dobre pagamento nos medicamentos. E sinalou que Feijóo impón un sobrecuste ás prestacións sanitarias malia que os galegos teñan a pensión mais baixa de todo o Estado.

Caride asegurou que o plan supón “castigar dobremente a Galicia” e lamentou que o presidente da Xunta "teña aceptado un novo axuste orzamentario logo de tres anos de recortes drásticos aos galegos e galegas"

Polo tanto, reclamoulle a Fejoo que “priorice o benestar dos galegos e das galegas fronte aos intereses partidistas e diga non á invasión de competencias por parte do Estado que deteriora os servizos públicos de Galicia”. Denunciou que se obrigará aos pensionistas a pagar os medicamentos, aumentará a factura farmacéutica, cobraráse polo transporte sanitario e aumentaránse as taxas sanitarias a pesar de levar tres anos de “duros axustes”.

A pesar dos recortes, Galicia pechará 2012 cunha débeda de 7.854 millóns de euros, 4.000 mais que en 2009. Caride dixo que resulta posible incrementar os ingresos aumentando o imposto de patrimonio “e que non teñan que pagar a crise o pensionistas” ou implantar unha taxa ás transaccións financeiras para que os bancos aporten o seu esforzo “e non obriguen a pagar aos cidadáns sen traballo”. Finalmente, Caride concluíu que a Xunta de Galicia “demostrou que carece de capacidade, iniciativa, ideas nin proxecto económico para Galicia”, xa que o Plan de Reequilibro “non incorpora unha soa medida para a reactivación económica e do emprego”.

María José Caride © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.