José Manuel Lage Tuñas vén de presentar no parlamento unha Interpelación urxente ao goberno galego para que “aclare que plans de despido colectivo de empregados públicos está manexando ao fío do inminente Real Decreto do Goberno Rajoy”. O voceiro da Área Institucional do Grupo Socialista, ve no Real Decreto que está a impulsar o Goberno central e que entre outras cousas regularía os procedementos de despido colectivo na administracción públicas “un paso máis para deteriorar os servizos públicos”.
Lage Tuñas denuncia que “hai unha operación do PP para deteriorar os servizos públicos, despois dicir que son ineficientes, e finalmente privatizalos"
Lage Tuñas afirma que esta medida “é unha arma legal máis ao servizo da ideoloxía neoliberal, que persegue a redución ao mínimo do Estado e deixar en mans privadas os servizos públicos” e denuncia que “hai unha clara operación política e económica por parte do Partido Popular para primeiro deteriorar os servizos públicos, despois decir que son ineficientes, e finalmente privatizalos e poñelos en mans privadas para convertilos nun negocio”.
O deputado socialista lembra que no tempo que Feijóo leva gobernando eliminou 3.476 empregos públicos na administración autonómica
O deputado socialista lembra que no tempo que Alberto Núñez Feijóo leva gobernando en Galicia eliminou 3.476 empregos públicos na administración autonómica. Os socialistas citan estadísticas oficiais do Instituto Galego de Estadística para recordar que en xaneiro de 2010 “a Xunta contaba con 91.190 empregados públicos, e en xaneiro de 2012 a cifra oficial amosa 87.714". Segundo Lage, "a destrución de emprego público por parte do Goberno Feijóo" céntrase fundamentalmente na educación na sanidade e no ensino: "nos centros educativos tivemos no curso 2011-2012 uns 1137 profesores menos, segundo as cifras oficiais do Goberno e a previsión para o curso 2012-2013 ronda os 990 profesores menos”.