O TSXG dálle a razón á CIG, discriminada pola Xunta na concesión de cursos de formación

© Forga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de fallar a favor da Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza (FORGA), dependente da CIG, no recurso contencioso administrativo interposto contra a Xunta por non concederlle unha serie de cursos de formación en 2009. O TSXG anula a resolución impugnada e recoñece o dereito de FORGA a obter as axudas solicitadas á Consellería de Traballo e Benestar. A Xunta pode establecer recurso contra esta sentenza.

O Tribunal recoñece que as argumentacións da Xunta para denegar a axuda carecian de base pois "na resolución do presente caso só se argumenta, para denegar a concesión dos cursos de formación profesional, que non se axustan ao dispuesto no artigo 14.2 da Orden de convocatoria" pero sen especificar o motivo. A FORGA alegaba de igual xeito que non se explicaba "a razón pola que unha organización como FORGA, sen ánimo de lucro, constituida por unha central sindical para promover, precisamente, a formación para o emprego entre os traballadores de Galicia, podia quedar postergada ante empresas privadas con obxetos lucrativos dispares, que en moitos casos no teñen nada que ver coa formación para o emprego".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.