Membros das plataformas de afectados polas preferentes discutiron o venres pola noite nun acto público con Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra. Como se pode ver na crónica de valminor.info, botáronlle en cara as "promesas incumpridas" e pedíronlle que se comprometese a abandonar o PP se os populares non achegan unha solución.
Ao rematar un acto cultural abordárono para que asinara unha declaración na que se comprometía a dimitir do Partido Popular se os "xefes populares" non mudaban a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos, a mesma declaración que fora asinada pola mañá polo alcalde popular de Oia.
A discusión durou preto de dúas horas, durante as que os afectados e afectadas lle pediron reiteradamente que cumprise as súas promesas electorais
A discusión durou preto de dúas horas, durante as que os afectados e afectadas lle pediron reiteradamente que cumprise as súas promesas electorais. Louzán nun asinou e no canto diso repetiu as promesas de aumentar as presións e dilixencias para a axilizar a solución e insistiu en que eles estaban "do lado dos seus veciños". Os afectados pedíronlle que se axilizase o ritmo das arbitraxes até o nivel -300 diarias, o triplo que na actualidade- que tiñan durante a campaña electoral.
Os afectados pedíronlle que se axilizase o ritmo das arbitraxes até o nivel -300 diarias, o triplo que na actualidade- que tiñan durante a campaña electoral
Os afectados marcharon da Aula de Cultura Ponte de Rosas sobre a media noite "coa certeza de que o encontro non aportaría nada novo á situación", segundo declararon a Valminor.info. Tanto os voceiros de Gondomar, como os de Vigo e o Baixo Miño, entenden que a negativa dos parlamentarios populares a aumentar o número de arbitraxes –manifestada nunha votación no parlamento galego- é a verdadeira "cara" do Partido Popular neste tema.
