Os colectivos 'deixados atrás' na crise económica, en seis gráficos

Evolución do número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro Dominio Público INE

"España superou a crise sen que ninguén quedara ao borde do camiño". O pasado luns o presidente do Goberno fixo esta rotunda afirmación na comparecencia de prensa concedida tralo Consello de Ministros que aprobou a convocatoria das eleccións xerais do 20 de decembro. Rajoy repetiu ao longo da semana as súas triunfalistas valoracións económicas, aproveitando os bos datos amosados pola EPA do terceiro trimestre. Porén, mesmo nesta entrega da Enquisa de Poboación Activa os datos achegados para moitos colectivos moi golpeados pola crise e os recortes seguen sen xustificar o optimismo do candidato do PP.

Por exemplo, para a mocidade; de feito dende o 2009 a poboación activa de entre 16 e 29 anos en Galicia reduciuse en 11 puntos máis que a poboación xuvenil total. Pero tamén podemos falar dos parados de longa duración; pois a persoas que levan máis dun ano buscando emprego seguen sendo a maioría dos parados e paradas. Ou dos desempregados e desempregadas de máis de 45 anos, que ao longo da crise cuadriplicaron o seu número. Ou, en xeral, da precariedade dos contratos e o estancamento ou redución dos salarios, aínda por debaixo dos datos de 2010.

Estas e outras situacións deixaron unha realidade moi difícil para milleiros de persoas en Galicia, deixadas ao borde do camiño da recuperación económica, empregando a metáfora usada por Rajoy. 73 mil familias nas que todos os seus membros activos están no paro, 30 mil fogares nos que non hai ingresos ningún, ou 11 mil nenos e nenas que viven en fogares sen ningunha persoa ocupada.

Evolución do número de persoas desempregadas en Galicia, en función do tempo que levan buscando traballo. Datos, en milleiros, correspondentes ao terceiro trimestre de cada ano. Fonte: INE

Evolución do número de parados e paradas de máis de 45 anos. Datos, en milleiros, correspondentes ao terceiro trimestre de cada ano. Fonte: INE

 

Salario anual bruto medio en Galicia. Fonte: 1NE

Fogares nos que todos os seus membros activos están no paro, Datos, en milleiros, correspondentes ao terceiro trimestre de cada ano. Fonte: IGE-INE

Número de fogares nos que non hai ningún ingreso. Datos, en milleiros, correspondentes ao terceiro trimestre de cada ano. Fonte: IGE-INE

Número de nenos e nenas que viven en fogares con ningunha persoa ocupada. Datos anuais Fonte: IGE-INE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.