Os estafados polas preferentes acordan retirar todos os aforros de Novagalicia Banco

Manifestación dos afectados polas preferentes CC-BY-SA Praza Pública

Os afectados pola estafa das preferentes non queren este verán decaian as súas reivindicacións e a presión que exercen sobre os políticos do Partido Popular. Manifestaranse o vindeiro 10 de agosto, sábado, en Sanxenxo, onde veranea o presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Ademais, a coordinadora de afectados as participacións preferentes e débeda subordinada de NGB acordou retirar todos os fondos das contas que manteñen abertas en Novagalicia Banco, ao redor de 1.200.000 euros. A retirada de fondos de NGB será masiva pero farase en varias quendas para tratar de seguir tendo "presenza pública" e de "desmentir que xa está todo arranxado" xa que quedan por devolver 600 millóns de euros aos aforradores. Tamén animan o resto de clientes a imitar o seu exemplo. Tamén barallan a posibilidade de designar un representante no consello de administración, ao representar case o 10 por cento do capital.

Os efectos que esta medida podería ter sobre a entidade bancaria dependerá do seguimento que teña a medida, así como o seguimento que esta iniciativa teña entre familiares e amigos dos afectados, así como a cidadanía en xeral, á que a coordinadora de afectados anima a imitarlles.

 

Manifestación de afectados polas preferentes CC-BY-NC-SA CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.