Os sindicatos manteñen a unidade de acción no sector público á espera dos orzamentos do Estado

Mobilización dos empregados públicos © CCOO Galicia

As centrais reuniranse o vindeiro 10 de abril, para avaliar o impacto que, sobre o sector, poden ter as contas presentadas. Nesa data decidirán se a resposta a dar segue a ser conxunta ou individual, de cada organización sindical. Mentres, continuarán a enfrontar as medidas previstas na Lei de Medidas para o emprego público galego, e a súa aplicación directa, a través dos órganos de representación.

María Carme López Santamariña (CIG) afirma que a lei xa está a ter as súas primeiras consecuencias, na reorganización do traballo, con cambios de quendas e nos recortes de cadros de persoal. Por exemplo, López Santamariña denuncia a situación de indefensión na que se atopan os traballadores e traballadoras afectadas pola prohibición de facer uso dos servizos de comedor.  Lembra que, fundamentalmente o persoal laboral e sanitario, tiñan recoñecido en convenio o dereito a comedor no seu tempo de descanso, cando a súa quenda de traballo coincidise co horario de comidas. Un dereito que desaparece agás para as quendas de noite, nas que se mantén unicamente o dereito a que se lles faciliten bebidas quentes ou frías.

María Carme López Santamariña (CIG) afirma que a lei xa está a ter as súas primeiras consecuencias, na reorganización do traballo, con cambios de quendas e nos recortes de cadros de persoal

Para a CIG tamén está a ter consecuencias a reorganización do tempo de traballo, por mor da supresión dos tres días de asuntos propios, que supón un incremento de tempo e presenza no traballo. “Ao facer máis tempo de traballo van diminuír os contratos da xente que está nas listas. Isto afecta, fundamentalmente, á Sanidade e aos Servizos Sociais”, explica López Santamariña.

Mobilización dos empregados públicos © CCOO Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.