Os sindicatos nacionalistas de todo o Estado emiten un comunicado conxunto sobre o 29M

© CIG

A declaración está asinada por polos galegos CIG e CUT, os vascos ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE e HIRU, os cataláns Intersindical –CSC e a  Intersindical Canaria. As dez centrais opóñense frontalmente "a unha reforma laboral que deixa en total indefensión as traballadoras e traballadores, nun mercado laboral desregulamentado e a mercé, exclusivamente, dos antollos e necesidades empresariais" e fan un chamamento a secundar activamente a folga.

No texto as organizacións sindicais asinantes afirman non querer "permanecer como espectadores deste desmantelamento de todo aquilo que fai referencia ao ámbito público e á protección social, pezas esenciais da cohesión e da xustiza social. Plantemos cara e convertámonos nun muro de contención ante esta onda de ataques directos contra o benestar e o futuro das clases populares". As dez centrais tamén sinalan que a mobilización "ten que ser a resposta tamén contra os ataques que sufrimos como pobos e como clase" e propóñense "avanzar así na consecución de marcos de relacións laborais e protección social propios e cara á liberación nacional e social dos nosos países".

© CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.