Os traballadores de Forem denuncian que CCOO rexeita a mediación no conflito laboral

Curso de Forem en Lugo © Forem

A asemblea de traballadoras e traballadores de Forem Galicia afirma que recibiu unha negativa por parte da dirección de Forem-CCOO sobre a solicitude de promover procedemento de Mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais. A asemblea considera que a mediación podería supor unha solución "ao conflicto enquistado dende o primeiro momento do inicio da negociación e que esta rematara coa idea de que ningunha das partes perdeu, mantendo a dignidade que tódalas persoas traballadoras merecemos".

Este grupo de traballadores denuncia que "resulta paradóxico que o propio sindicato de CCOO que foi pioneiro en por en marcha este tipo de instrumentos de resolución de conflictos por vía extraxudicial, sexa o primeiro en non utilizalas cos seus propios traballadores". E engaden que "todo isto indica, novamente, a falta de "intención" de negociación por parte da empresa e posiblemente a vontade de impoñernos un ERE coas súas condicións, sen ter en conta os principais criterios propostos pola asemblea das persoas afectadas".

A asemblea decidiu desconvocar o peche que mantiña nos locais de CCOO en Compostela

Ante a negativa e "vendo que non estamos a ser escoitados de ningunha das maneiras", a asemblea decidiu desconvocar o peche que mantiña nos locais de CCOO en Compostela.

Curso de Forem en Lugo © Forem

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.