Os traballadores de Poligal incrementan a presión para tentar evitar o despedimento colectivo

Manifestación do persoal de Poligal, este venres na Praza de Armas de Ferrol © EU
Publicidade
Publicidade

O persoal de Poligal manifestouse este venres polas rúas de Ferrol para demandar solucións que eviten o peche da fábrica e o despedimento dos seus 120 traballadores e traballadoras. A marcha foi precedida por un peche de 24 horas na Casa do Concello, un encerro que fora acordado o xoves nunha asemblea do cadro de persoal. Na manifestación, que partiu da propia Casa Consistorial e rematou ante a sede da Xunta, participaron tamén empregados e empregas de Navantia, amosando a ligazón que une a Poligal coa industria naval, pois a factoría naronesa naceu ao abeiro das axudas para a reconversión industrial da comarca.

Na manifestación participaron tamén empregados e empregdas de Navantia, amosando a ligazón que une a Poligal coa industria naval

Os traballadores subliñaron a súa "decepción" co Goberno central, trala xuntanza que este xoves mantiveron na sede do Ministerio de Industria. O Executivo anunciara unha xuntanza a tres bandas (representación social, Administración estatal e empresarial) pero "nin sequera se convidou a dirección do grupo empresarial", destaca a CIG. De feito, á xuntanza só acudiron o director xeral de Industria e o subdirector xeral de Políticas sectoriais industriais.

Peche dos traballadores de Poligal no Concello de Ferrol © CIG

Os traballadores subliñaron a súa "decepción" co Goberno central e alertan de que Poligal "formulará o expediente de despedimento colectivo en breve"

O representante de CIG-Industria, Alberte Amado, sinala que "os compromisos acadados foron os mesmos que xa había e, tras unha semana, nin sequera contactaron coa empresa ou co administrador concursal para conseguir paralizar a presentación do ERE extintivo, tal e como se comprometeran dende o Ministerio"."Segundo as informacións que temos, Poligal formulará o expediente de despedimento colectivo en breve", alerta. "Non se pode facer campaña electoral co este conflito porque está en xogo o futuro de máis de cen empregos. Non poden anunciarnos reunións coa presenza da empresa que non se producen", engade Amado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.