Os traballadores e traballadoras do Consorcio reclaman o carácter público do servizo

© CIG

Un milleiro de traballadores do Consorcio de Igualdade e Benestar, convocados pola CIG, reclamaron este sábado o mantemento do carácter público sestes servizos.

Esixiron que se manteñam todos os postos de traballo

Os traballadores, que percorreron o centro histórico de Compostela, entre as prazas do Toural e da Quintana, pediron que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia. Así mesmo, solicitaron que todos os centros de nova apertura sexan de xestión pública e por tanto dependan directamente da Administración, incluídos os centros para os que xa se convocou a licitación da xestión privada. Finalmente, esixiron que se manteña o carácter público de todos os centros da rede así como o mantemento de todos os postos de traballo existentes a día de hoxe.

Unha vez rematada a manifestación celebrouse unha asemblea de traballadoras e traballadores na Escola de Maxisterio, en Xoan XXIII.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.