"Quen nos dera ser automóbiles"

Cartaz da campaña © ODS Coia

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia lanza a campaña Quen nos dera ser automóbiles. Denuncian que fronte aos recorte no gasto social a Xunta gastará 11 millóns para patrocinar dous furgóns de Citroën ou que a industria da automoción "rabuña" 75 millóns do goberno central para axudas directas á compra de automóbiles no marco do plan PIVE.

Parten dunha cita: “por desgracia en este mundo, lo único que te hace falta para vivir es dinero”, unha frase que se escoitou un dia na ODS de Coia. E ante a recorrente resposta de "non hai cartos" que repite sen cesar o Goberno, este colectivo responde que si o hai e que "esas respostas comezan a cansar, cando por exemplo comparamos as nosas vidas coas dos coches".

"Esas respostas comezan a cansar, cando por exemplo comparamos as nosas vidas coas dos coches"

Deste xeito compara o patrocinio aprobado pola Xunta paraa Citroën coa necesidade "de pagar RISGAS e Axudas de Emerxencia dos máis de 25.000 fogares sen ingresos en Galiza". Ou tamén pon nunha balanza as axudas directas para a compra de coches e asi favorecer a marcas e distribuidores "coas máis de 70.000 persoas en Galiza comendo grazas aos bancos de alimentos".

ODS-Coia propón a posta en marcha dunha Renda Básica das Iguais, "unha ferramenta máis ao servizo da superación desta crúa realidade, como unha forma de repartir a riqueza que creamos socialmente".

Cartaz da campaña © ODS Coia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.