"Son a prima de risco. Estouno pasando moi mal"

Dominio Público Praza Pública

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Económicas da USC organiza un concurso de curtas. As normas: ten que durar menos de 5 minutos, ter unha temática económico-empresarial e estar en galego. Os organizadores suxiren algúns temas: "Viviches por riba das túas posibilidades?, Canto apreta a corda dun rescate? Que receitas contra a crise propós? Quen vén sendo a prima de Risco? Ten aínda máis parentes?". E mesmo achegan un primeiro video (fóra da competición) como exemplo e protagonizado por Isabel Risco facendo o papel da prima de risco, precisamente.

O prazo para presentar os vídeos remata o 23 de novembro. O xoves 29 de novembro de 2012, na Facultade de Ciencias e Económicas e Empresariais, logo da presentación e exhibición ao público dos vídeos presentados ao concurso (ou, de ser o caso, dos preseleccionados), outorgaranse os premios do certame, nun acto público organizado para estes efectos. Os premios estarán dotados con 400 e 150 euros e diploma acreditativo. Así mesmo, haberá un premio do público, a través da votación no mesmo acto dotado con 150 euros e diploma acreditativo.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.