Unha gran manifestación pedirá o 2 de febreiro a devolución dos cartos das preferentes

Manifestación de afectados polas preferentes en Lugo CC-BY-NC-SA BNG

As plataformas de afectados e afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas están preparando unha gran manifestación para o vindeiro sábado 2 de febreiro en Santiago de Compostela. Para preparala reuniranse este martes no Parlamento con PSdeG-PSOE, AGE e BNG e tamén cos sindicatos UGT, CC.OO. e CIG.

De igual xeito, esperan acadar o apoio de deputacións e concellos para asegurar o éxito e o carácter masivo da marcha, despois de que a pasada semana a Deputación de Pontevedra ou a meirande parte dos gobernos municipais do Barbanza lles manifestasen o seu propósito de colaboración. Tamén está confirmada a participación de oito alcaldes das comarcas de Ferrolterra, A Coruña e Bergantiños coma Ares, Mugardos, Narón, As Pontes, A Capela, San Sadurniño, Oleiros e Carballo.

Manifestación de afectados polas preferentes en Lugo CC-BY-NC-SA BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.