O pleno do Concello de Vigo aprobou esta mañá o inicio dos trámites para retirarlle a Julio Fernández Gayoso a medalla da cidade que lle foi concedida en 1997. O BNG presentou unha moción que o responsabiliza directamente da "mala xestión" de Caixanova e da comercialización das participacións preferentes. A moción tamén fai fincapé na indemnización millonaria recibida ao deixar a caixa e na súa imputación por administración desleal e apropiación indebida. A proposta dos nacionalistas contou co voto favorable do PP, que centou a súa crítica nas indemnizacións e nas preferentes e defendeu a fusión con Caixa Galicia como "necesaria".
O PSdeG-PSOE abstívose despois de presentar unha emenda de substitución á moción do BNG. Os socialistas defenden que a estafa das preferentes é consecuencia dunha "cadea de erros", da que son responsables a Xunta, o Banco de España e a fusión con Caixa Galicia: "de ter continuado Caixanova como entidade propia podería ter solucionado o problema", afirmou o socialista Carlos López Font.
Hai tres semanas o pleno da Coruña aprobou a retirada do título de fillo predilecto a José Luís Méndez
Hai tres semanas o pleno da Coruña aprobou a retirada do título de fillo predilecto a José Luís Méndez. Os catro grupos con representación presentaron cadansúa moción e finalmente aprobouse a presentada polo PP, que contou co apoio de BNG e EU e a abstención do PSdeG-PSOE.