Yolanda Díaz demanda que NGB "poña ao servizo dos preferentistas" os beneficios obtidos no primeiro trimestre

Protesta dos afectados pola preferentes, este xoves na Coruña CC-BY Praza Pública

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, e o voceiro da formación na Coruña, César Santiso, reuníronse con Ana Cedeira, portavoz da Plataforma de afectados polas preferentes da comarca. Díaz pediulle ao presidente da Xunta "que exerza como tal" e solvente este grave problema que ten milleiros e milleiros de persoas en Galicia, “de non ser así a conflitividade social irá en aumento, porque estas persoas estano a pasar moi mal e teñen que volver desenvolver a súa vida con normalidade”. Ademais, demandou "que se volvan axilizar as arbitraxes que, casualmente, unha vez pasadas as eleccións están case paralizadas".

Yolanda Díaz afirmou que é posible devolverlle os cartos ás familias aforradoras,"porque o banco é noso é público, de todos e todas nos. Só é necesaria vontade política" para  “estar cos de abaixo e non defender aos que se enriquecen a costa dos aforradores”

Yolanda Díaz afirmou que é posible devolverlle os cartos ás familias aforradoras,"porque o banco é noso é público, de todos e todas nos. Só é necesaria vontade política" para “estar cos de abaixo e non defender aos que se enriquecen a costa dos aforradores”. A covoceira do grupo parlmentar de AGE esixiu que NGB poña ao sevizo dos preferentistas os máis de 21 millóns de euros de beneficios obtidos neste primeiro trimestre, “xa que presumen de beneficios que paguen aos estafados”, dixo.

 Pola súa banda, César Santiso esixiulle ao goberno municipal que ceda un local digno no pazo de María Pita porque “os afectados polas preferentes son coruñeses e é a obriga da corporación atender as súas necesidades".

Finalmente Ana Cedeira agradeceulles aos grupos municipais da oposición que lles cedesen as súas oficinas para poder facer o peche, e solicitoulle ao alcalde a sala de exposicións, "porque é un lugar que pertence ao pobo da Coruña e non queremos molestar aos compañeiros de EU, PSOE e BNG". Cedeira afirmou que “non imos parar este peche nin ningún outro peche en Galicia, ao contrario, crecerán, aumentarán, até que o último de nos se retire co seu diñeiro a súa casa” e chamou a todos os afectados por preferentes e subordinadas a que se acheguen ao concello, "a casa de todos", e a que "perdan a vergonza, que perdan o medo” porque na cidade da Coruña "son máis de 4.000 os afectados que non están en proceso de arbitraxe".

Protesta dos afectados pola preferentes, este xoves na Coruña CC-BY Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.