Os presidentes de Renfe e Adif comparecen nuns minutos no Congreso para explicar as "posibles causas" do accidente do tren
Fálase
O TSXG admite a trámite o recurso presentado polo PSdeG-PSOE contra a fusión de Oza e Cesuras. Os socialistas sinalan que a Lei de Administración Local de Galicia "establece a necesidade dunha maioría cualificada de dous terzos, un requisito que no se cumpriu no caso de Cesuras"
UGT, CCOO, o PSOE e mesmo a CEOE rexeitan a baixada xeral de salarios proposta polo FMI e Olli Rehn. Rubalcaba cualificou a recomendación de "veleno", os sindicatos aseguran que frearía aínda máis o consumo e os empresarios afirman que "non é o momento para baixar os soldos".
Os votantes do PP prefiren a Aguirre (37%) e Aznar (16%) como candidatos, moi por riba de Rajoy (8,5%), segundo unha enquisa de TNS Demoscopia. Os do PSOE apostan por Chacón (25%), Madina (22%) ou Patxi López (21%) por diante de Rubalcaba (14%).
AGE asegura que os datos "desmenten as mentiras e o fraude da solvencia de Alberto Núñez Feijóo en materia económica" e o "elevan ao primeiro posto da lista coma o peor presidente" da historia de Galicia. Mentres no ano 2009, Galicia contaba cunha débeda de 4.842 millóns de euros, no primeiro trimestre deste ano rozaba xa os 9.500 millóns de euros, lembrou o deputado Antón Sánchez
Vén de comezar en change.org unha petición para que a Xunta declare Ben de Interese Cultural o convento franciscano de Herbón
O PP asegura que evitar a desnutrición infantil é algo que lles “corresponde aos pais”. O portavoz adxunto dos populares no Congreso, Rafael Hernando, afirma que non lle compete ao Goberno a solución a este problema, pois hai organizacións sociais, servizos municipais e ONG que atenden estes casos.
O índice de radiación da agua de Fukushima incrementouse 47 veces en 5 días. O pasado 23 de xullo a operadora da planta recoñeceu, por primeira vez, a filtración ao mar desta auga subterránea.
Morre Javier Atutxa, presidente do PNV de Bizkaia entre 1996 e 2000 e con unha dilatada carreira dentro do partido.
Crece o rexeitamento en Ferrolterra ao subministro de fuel a buques fondeados na ría. Denuncian que a medida, inédita en Galicia, pode afectar a zonas proetexidas como reserva da biosfera