AGE asegura que os datos "desmenten as mentiras e o fraude da solvencia de Alberto Núñez Feijóo en materia económica" e o "elevan ao primeiro posto da lista coma o peor presidente" da historia de Galicia. Mentres no ano 2009, Galicia contaba cunha débeda de 4.842 millóns de euros, no primeiro trimestre deste ano rozaba xa os 9.500 millóns de euros, lembrou o deputado Antón Sánchez