Na súa colaboración no programa de Cuac FM Disimulen Manuel M. Barreiro fala do Pacto de Darwin, "un pacto das clases medias coas clases altas para transferir os custes aos desherdados do último terzo" e sinala que "cando máis ennegrece a crise, toca elixir entre o final feliz para as clases medias que vocean os propagandistas do novo darwinismo ou facer posible a solidariedade como materia imprescindible para defender a igualdade e as nosas liberdades"
Fálase
As rendas das empresas superan aos salarios por primeira vez en 30 anos. España avanza cara ao modelo alemán.
O economista David Peón analiza na súa web persoal a conxuntura económica e sostén que "o risco de rescate non só non foi superado, senón que probablemente o nerviosismo voltará aos mercados antes ou despois por unha razón ou outra e, cando o faga, o rescate acabará por ser inevitable".
Marvel ofrece de balde 700 números 1 das súas coleccións de comics en formato dixital
O grupo mexicano de prensa Zócalo, con medios no norte do país, anuncia que a partir deste luns se absterá de publicar información relacionada co crime organizado, ao considerar que "non existen garantías nin seguridade para o exercicio pleno do xornalismo".
Os habitantes das illas Malvinas votan a favor de seguir pertencendo ao Reino Unido cunha ampla maioria do 92%
O presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, declara que Europa salvou os bancos pero arriscase a perder unha xeración.
O BNG dalle vía libre á moción de censura de Ponteareas con PSOE e ACIP. Os militantes aproban en asemblea, co 85% dos votos, apartar da alcaldía o popular Salvador González Solla. O nacionalista Xosé Represas converterase en alcalde e advirte de que "teremos que gobernar tomando medidas que non nos gustan e que son inevitables pola situación de quebra que o PP causou no Concello"
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) abriu unha investigación a Pescanova "para determinar a existencia de posibles indicios de comportamentos de abuso de mercado por parte da compañía"
José Antonio Griñán quere que Elena Valenciano asuma máis poder interno para blindar a Rubalcaba