José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, entregou esta tarde na sede do partido en Santiago 5.400 sinaturas que avalan a súa candidatura. Besteiro amosou a súa “determinación de liderar o PSdeG, convencido do proxecto coa forza da militancia”
Fálase
A ministra de Fomento, Ana Pastor, comparecerá no Congreso o 9 de agosto e os responsables de Renfe e Adif o día 8, para informar sobre o tráxico accidente de tren do 24 de xullo.
O FMI propón que España realice unha rebaixa xeral de salarios do 10% para crear emprego. Os expertos do fondo eloxian que a reforma laboral xa condeguira reducir os soldos. O organismo prevé para España cinco anos máis de estancamento e paro por riba do 25%.
Manel Vázquez asegurou este venres que foi quen de superar "amplamente" os 1.125 avais de militantes socialistas que necesitaba para poder presentarse ás primarias do PSdeG.
A televisión arxentina búrlase do "fin de la cita" de Rajoy. O informativo vespertino da canle de noticias TN dedicalle máis de catro minutos á muletilla do presidente do Goberno
O barómetro do CIS revela que se mantén o pesimismo xeral sobre a crise, pero melloran os indicadores de confianza económica e de espectativas económicas, que se sitúan no seu mellor nivel dende febreiro de 2012. A corrupción pasa a ser o segundo problema que máis lle preocupa aos españois, só por detrás do paro.
O PP obtería o 32,5% dos votos se hoxe houbese eleccións xerais, 12,1 puntos menos que nos comicios de 2011, e o PSOE caería 1,5 puntos, até o 27,2%, segundo o último barómetro do CIS. IU (11,5%) e UPyD (8,8%) practicamente duplicarían os seus resultados. O BNG (0,7%) case repite o 0,75% obtido hai dous anos.
El Diario analiza a portada de ABC deste venres, na que destacan un dato da súa enquisa para destacar que Rajoy saiu "reforzado", pero obvian que na súa propia sondaxe Rubalcaba obtén mellor valoración que o presidente do Goberno.
O paro baixa en xullo en 64.866 persoas, como onte anunciou Rajoy no Senado, e o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego queda en 4.698.814. É o segundo maior descenso da serie histórica, só superado polo de 2010. En Galicia o descenso do número de desempregados en xullo é importante: 12.332 parados menos.
A xustiza italiana salva a Berlusconi da inhabilitación política. O tribunal condénao a 4 anos de cárcere, que non cumprirá pola súa idade, pero anulado a prohibición de acceder a cargos públicos. Berlusconi non renuncia e pidelles aos italianos "que abran os ollos"