O barómetro do CIS revela que se mantén o pesimismo xeral sobre a crise, pero melloran os indicadores de confianza económica e de espectativas económicas, que se sitúan no seu mellor nivel dende febreiro de 2012. A corrupción pasa a ser o segundo problema que máis lle preocupa aos españois, só por detrás do paro.
Fálase
O PP obtería o 32,5% dos votos se hoxe houbese eleccións xerais, 12,1 puntos menos que nos comicios de 2011, e o PSOE caería 1,5 puntos, até o 27,2%, segundo o último barómetro do CIS. IU (11,5%) e UPyD (8,8%) practicamente duplicarían os seus resultados. O BNG (0,7%) case repite o 0,75% obtido hai dous anos.
El Diario analiza a portada de ABC deste venres, na que destacan un dato da súa enquisa para destacar que Rajoy saiu "reforzado", pero obvian que na súa propia sondaxe Rubalcaba obtén mellor valoración que o presidente do Goberno.
O paro baixa en xullo en 64.866 persoas, como onte anunciou Rajoy no Senado, e o número de persoas inscritas nas oficinas de emprego queda en 4.698.814. É o segundo maior descenso da serie histórica, só superado polo de 2010. En Galicia o descenso do número de desempregados en xullo é importante: 12.332 parados menos.
A xustiza italiana salva a Berlusconi da inhabilitación política. O tribunal condénao a 4 anos de cárcere, que non cumprirá pola súa idade, pero anulado a prohibición de acceder a cargos públicos. Berlusconi non renuncia e pidelles aos italianos "que abran os ollos"
Os medios repasan "as preguntas que Rajoy deixou sen responder" ou as cuestións nas que o presidente do Goberno faltou á verdade.
Os grandes grupos tributan só ao 3,5% polos beneficios de 2011. O pago de grupos empresariais a Facenda pasou de 12.600 a 3.000 millóns en cinco anos
As portadas da prensa impresa este venres divídense entre os que advirten que despois da comparecencia "Rajoy deja sombras" (El Periódico) ou "Rajoy atrapado por Rajoy" (El Mundo). Até os que respaldan as explicación do presidente do Goberno: "Rajoy resiste a caceria polo caso Bárcenas" (ABC) ou "Rajoy vence a Bárcenas" (La Razón)
O 76% dos cidadáns considera "insuficientes" as explicacións de Rajoy, segundo un estudo de MyWorld. O 49% dos votantes do PP tamén pensa así
Ignacio Escolar debulla As mentiras do discurso de Mariano Rajoy sobre Barcenas, cita a cita