O CD Lugo logrou este sábado unha importante vitoria por 2-1 ante o Murcia. Esta semana non hai xornada en Primeira división.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/507a824042c56-thumb0_murcia.jpg)
O CD Lugo logrou este sábado unha importante vitoria por 2-1 ante o Murcia. Esta semana non hai xornada en Primeira división.
As sociedades coas que as grandes fortunas españolas xestionan os seus cartos seguen a medrar malia á crise. Algunhas, máis dun 50%. En El Diario.
Tamén é domingo de enquisas en Euskadi e Catalunya. El Correo di que o PNV vencería nas eleccións vascas, con EH-Bildu como segunda forza. La Vanguardia debuxa un escenario con CiU ao bordo da maioría absoluta.
As aspiracións soberanistas catalás seguen a ocupar parte das portadas da prensa impresa deste domingo. En El Mundo, o ministro de Educación reafírmase na súa intención de "españolizar" o alumnado catalán.
Pachi Vázquez insta a Rajoy e mais ao presidente electo de México, Peña Nieto, a "amosar" os contratos de Pemex para así disipar todas as dúbidas ao respecto.
O PP repite a estratexia de campaña de 2009 e envía a Mariano Rajoy a pequenas localidades do interior. A esta hora atópase no interior dun bar en Baralla, na montaña luguesa. (foto de @RicardRguez)
O cabeza de lista de CxG por Pontevedra, Rafael Cuiña, denuncia os impedimentos do Concello do Grove para un acto de campaña da formación, malia ter "o permiso" correspondente
O grupo Os da Ría está xa inmerso na gravación do seu retranqueiro Disco díscolo. Esta tarde trasladan ao estudio a algúns dos seus fans para que participen na realización dalgúns dos temas e veñen de amosar un vídeo co inicio dos traballos.
O presidente electo de México aprobaría a construción dos floteis en Galicia por parte da filial de Pemex. Peña Nieto dá o seu "beneplácito" ao acordo. O PP reacciona en twitter aludindo ao "odio" de Pachi Vázquez e Francisco Jorquera.
Organizan un coloquio entre os movementos sociais e representantes do BNG e AGE baixo o título Hai que votalos? Celébrase mañá na Coruña. A información en Galiza ano cero