O Parlamento vasco aproba unha proposición non de lei de EH Bildu que proclama o dereito de Euskadi á autodeterminación
Fálase
Yago Méndez, fillo do antigo director xeral de Caixa Galicia, dimite como conselleiro de Pescanova
Rubalcaba acaba por apoiar a celebración de eleccións primarias no PSOE, despois das críticas recibidas á proposta de celebrar un congreso pechado. Admite que negocia para buscar unha fórmula que lle dea voto á militancia, e confirma que se celebrarán tras o congreso extraordinario de xullo
O coordinador de Organización do PP, Alejandro Gómez, búrlase en Facebook da campaña do seu partido en Galicia e apoia as críticas a Alfonso Rueda dun ex cargo da Xunta. As publicación foron xa borradas, pero El Pais-Galicia dá conta delas.
A Audiencia Nacional condena a 12 anos a Carlos Calvo e a 6 a Xurxo Rodríguez, acusados de querer atentar contra a sede do PP en Moaña en 2012. Impútalles os delitos de pertenza a banda terrorista e tenza de explosivos
Feijóo admite agora que a corrupción tivo "un peso non menor" nas eleccións europeas. Se o mesmo domingo o presidente da Xunta atribuía a perda de 200 mil votos sufrida polo PP á "desmotivación", este mércores sinalou que "os asuntos relativos á corrupción teñen, sen dúbida ningunha, un peso non menor na decisión das persoas que votaron en branco, se abstiveron, votaron formacións inéditas ou non votaron".
O interventor do Porriño detectou irregularidades en contratos do Concello con 58 empresas cun valor total de 15 millóns. Segundo o interventor, Nelson Santos contrataba directamente e sen licitación pública servizos cun valor superior aos 18 mil euros, o que a lei prohíbe.
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) cuestiona a taxa Google e suxire a súa supresión ou que, cando menos, se limite. A Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE) emitiu un duro comunicado en contra do ditame de Competencia.
140 SICAV solicitaron autorización á CNMV para comezar a operar en 2014. En 2013 os cartos investidos nestas sociedades, que pagan o 1% de impostos, ascendeu até os 413.000 millóns de euros.
Barcelona vive a terceira noite consecutiva de enfrontamentos e cargas policiais a consecuencia da demolición do centro social Can Vies, en Sants