140 SICAV solicitaron autorización á CNMV para comezar a operar en 2014. En 2013 os cartos investidos nestas sociedades, que pagan o 1% de impostos, ascendeu até os 413.000 millóns de euros.
Fálase
Barcelona vive a terceira noite consecutiva de enfrontamentos e cargas policiais a consecuencia da demolición do centro social Can Vies, en Sants
O secretario de organización do PPdeG e tamén deputado Alejandro Gómez e o ex director xeral de Administración local, Norberto Uzal, critican a Alfonso Rueda en Facebook pola súa estratexia electoral. Gómez Alonso asegura que o tamén vicepresidente "se cre superior a Cuiña ou Palmou". Cóntao Europa Press na súa web.
A Comisión Europea veta a iniciativa antiabortista española que pretendía prohibir a investigación con células nai. Entre os seus promotores estaban Jaime Mayor Oreja ou o Foro Español de la Familia. Cóntao Materia.
A Xunta premia coa Medalla Castelao a ex eurodeputada e filla de Manuel Fraga, Carmen Fraga, polos seus "servizos" a Galicia. Tamén llela entregará á ex concelleira do PP en Lugo Pilar Iglesias Osorio, ao Obradoiro de Gaitas Seivane, ao policía local vigués Francisco Javier Pitillas e ao procurador Juan Carlos Estévez..
O blog Piedras de papel de El Diario analiza o voto de Podemos por distritos electorais e as correlacións que se establecen con distintas variables. Conclúe que o apoio a esta formación foi maior naqueles lugares con máis desemprego, con máis poboación nova e nos que a abstención descendeu.
CIG-Servizos convoca para este mércores pola tarde unha concentración ante a tenda de ADM en Compostela que -denuncia- despediu unha traballadora por ser nai.
Pescanova perde 719 millóns en 2013 e ten un burato de case 2.300 millóns. A compañía reduce a súa facturación nun 21%.
Eduardo Madina presentará a súa candidatura a dirixir o PSOE se a votación se abre a todos os militantes do partido.
Feijóo viaxa dende este xoves ao Xapón. O DOG publica hoxe que o vicepresidente, Alfonso Rueda, se encargará do "despacho de asuntos" da Presidencia da Xunta ata que Alberto Núñez Feijóo regrese.