CIG-Servizos convoca para este mércores pola tarde unha concentración ante a tenda de ADM en Compostela que -denuncia- despediu unha traballadora por ser nai.
Fálase
Pescanova perde 719 millóns en 2013 e ten un burato de case 2.300 millóns. A compañía reduce a súa facturación nun 21%.
Eduardo Madina presentará a súa candidatura a dirixir o PSOE se a votación se abre a todos os militantes do partido.
Feijóo viaxa dende este xoves ao Xapón. O DOG publica hoxe que o vicepresidente, Alfonso Rueda, se encargará do "despacho de asuntos" da Presidencia da Xunta ata que Alberto Núñez Feijóo regrese.
O ministro do Interior adoita ir rezar ao Valle de los Caídos, segundo conta El Diario. Nos últimos meses Jorge Fernández Díaz suscitou polémicas por, por exemplo, outorgarlle unha condecoración á Virxe ou asegurar que esta "intercede por España" no marco da crise económica.
Fomento lánzase a ampliar a AP-9 e, ao tempo, a construír unha autovía alternativa á autoestrada. Cóntao El País.
AGE ve en Podemos unha "oportunidade" e un "aliado", aínda que afirma que lle restou votos á coalición: "de non ter existido Podemos, o impacto de AGE podería ter sido maior". Martiño Noriega apostou por sumar as forzas de toda a esquerda rupturista.
Adrián Varela dimitiu tras ser chamado a declarar como querelado -figura semellante á imputación- pola denuncia presentada contra el pola CIG por pretender despedir a parella dun traballador por pertencer a esta central sindical. Adiántao Europa Press na súa web.
A vicepresidenta do Parlamento andaluz compara o ascenso de Podemos co de Hitler. A alcaldesa popular de Fuengirola únese ás numerosas críticas á formación de Pablo Iglesias que chegan desde o PP.
Toxo e Méndez denuncian ante o Fiscal Xeral e o Poder Xudicial os procesos contra piquetes. Denuncian que as imputacións non están baseadas na participación persoal dos acusados nos feitos, senón en presuncións xerais.