Empezan a chegar os primeiros militantes á asemblea do Encontro Irmandiño, na que se decidirá se seguir ou non dentro do Bloque Nacionalista Galego. En principio o cónclave estaba programado para as 16:00 horas
Fálase
Na División de Honra de balonmán, gañou o Teucro de Pontevedra fóra da casa fronte ao Gijón Jovellanos (27-29). Empatou o Frigoríficos do Morrazo e perdeu o Mecalia Novás
O Deportivo venceu novamente fóra da casa ao Hércules cun resultado de 1-4. O equipo coruñés segue líder, por diante do Celta de Vigo, que tamén goleou ao Recreativo por catro goles a un.
O fotógrafo Xurxo Lobato inaugurará este martes 14 de febreiro a exposición "No país das vacas". O acto terá lugar en San Domingos de Bonaval a partir das 20:00 horas. A mostra permanecerá no Museo do Pobo Galego ata o 1 de abril.
"Ou isto ou o caos". O primeiro ministro grego, Lucas Papademos, pide aos deputados gregos que subscriban o enésimo plan de recortes esixido pola troika. Día decisivo para Grecia e a súa cidadanía, afogada pola austeridade. Podedes ler máis no diario Ekathimerini
Os medios alemáns como Der Spiegel xogan xa coa posibilidade de que Portugal sexa "a próxima Grecia" e necesite dun segundo paquete de rescate.
Morre a cantante norteamericana Whitney Houston. O diario The New York Times asegura que a causa do falecemento é aínda "descoñecida".
Para o conselleiro de Industria, Javier Guerra, hoxe comeza unha nova era para Factorías Vulcano, tras o visto e prace de Pymar a subscribir o concurso de acredores. Con todo, o estaleiro segue tendo baleira a despensa de novos contratos. O buque 533, que entregará este ano, conlevará unha sanción económica porque se rematará fóra de prazo
A decisión da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista prodúcese o mesmo día en que trascendeu a baixa de Lidia Senra, histórica do SLG, do Bloque. O Partido Nacionalista Galego (PNG) convocou un congreso para o 17 de marzo a fin de decidir a continuidade ou a marcha da formación nacionalista na que está integrado.
A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista acordou este mediodía por unanimidade a súa marcha do Bloque Nacionalista Galego. A asemblea debe ratificar agora esta decisión.