"Ou isto ou o caos". O primeiro ministro grego, Lucas Papademos, pide aos deputados gregos que subscriban o enésimo plan de recortes esixido pola troika. Día decisivo para Grecia e a súa cidadanía, afogada pola austeridade. Podedes ler máis no diario Ekathimerini
Fálase
Os medios alemáns como Der Spiegel xogan xa coa posibilidade de que Portugal sexa "a próxima Grecia" e necesite dun segundo paquete de rescate.
Morre a cantante norteamericana Whitney Houston. O diario The New York Times asegura que a causa do falecemento é aínda "descoñecida".
Para o conselleiro de Industria, Javier Guerra, hoxe comeza unha nova era para Factorías Vulcano, tras o visto e prace de Pymar a subscribir o concurso de acredores. Con todo, o estaleiro segue tendo baleira a despensa de novos contratos. O buque 533, que entregará este ano, conlevará unha sanción económica porque se rematará fóra de prazo
A decisión da Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista prodúcese o mesmo día en que trascendeu a baixa de Lidia Senra, histórica do SLG, do Bloque. O Partido Nacionalista Galego (PNG) convocou un congreso para o 17 de marzo a fin de decidir a continuidade ou a marcha da formación nacionalista na que está integrado.
A Mesa Nacional de Esquerda Nacionalista acordou este mediodía por unanimidade a súa marcha do Bloque Nacionalista Galego. A asemblea debe ratificar agora esta decisión.
Portugal tamén se mobiliza contra os recortes en materia de emprego. "O que temos em curso é uma subversão do direito do trabalho, que sempre teve como pressuposto proteger a parte mais fraca, os trabalhadores, passando a ser o direito do trabalho das entidades patronais". Extracto dunha entrevista con Arménio Carlos, da CGTP, no Público portugués
CCOO e UGT acaban de convocar "marchas" contra a reforma laboral que hoxe publicou o Boletín Oficial do Estado. A CIG xa fixo un chamamento á folga xeral para finais de marzo
O PSOE de Miño arremete contra a xestión do Goberno local, en mans do PP, que terá que facer fronte aos custos do xuízo polos xustiprezos. Praza Pública publicou, en exclusiva, a resolución do Tribunal Supremo
Xornada de protestas en Grecia tras o acordo ao que chegaron os grupos políticos con Papademos, que implicará, entre outras cousas, o despedimento de 150.000 empregados públicos. Cóntao, con vídeo, Reuters