O PSOE de Miño arremete contra a xestión do Goberno local, en mans do PP, que terá que facer fronte aos custos do xuízo polos xustiprezos. Praza Pública publicou, en exclusiva, a resolución do Tribunal Supremo
Fálase
Xornada de protestas en Grecia tras o acordo ao que chegaron os grupos políticos con Papademos, que implicará, entre outras cousas, o despedimento de 150.000 empregados públicos. Cóntao, con vídeo, Reuters
O texto completo da reforma laboral aprobada onte polo Consello de Ministros aparece publicado no BOE de hoxe.
As cidades de Tui e Valença do Minho constitúen a segunda eurocidade galego-portuguesa Verín e Chaves foron as pioneiras en facelo
Francisco Camps, 'cum laude' pola súa tese sobre rexeneración democrática. Cóntao 20 minutos.
Outro acto relixioso na axenda oficial da Xunta: mañá o presidente inclúe na súa axenda pública a asistencia ao "acto de ordenación episcopal e toma de posesión de Monseñor Leonardo Lemos Montanet como Bispo da Diócese de Ourense"
O PSdeG censura que o presidente da patronal galega se “se dedique a facer política dende o seu privilexiado sillón". A Confederación de Empresarios pediulle ao presidente da Xunta que reduza servizos, impulse privatizacións e baixe impostos.
A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte multa a seis afeccionados polos incidentes do partido no que o Club Deportivo Lugo se enfrontou ao Real Oviedo. Un siareiro asturiano chegou a saltar un valo de protección para tentar agredir a un lugués.
A candidatura de Madrid 2020 empregou para o seu logo unha tipografía da que non tiña os dereitos. O logo de Madrid 2020 non gaña para disgustos
Javier Guerra asegura que "hoxe é un día feliz para Galicia" tras o aval de Pymar ao concurso de acredores de Factorías Vulcano. O conselleiro destaca que o estaleiro poderá traballar no buque 533. Este non é un novo contrato e terá un sobrecusto porque se entregará tarde