O PSdeG censura que o presidente da patronal galega se “se dedique a facer política dende o seu privilexiado sillón". A Confederación de Empresarios pediulle ao presidente da Xunta que reduza servizos, impulse privatizacións e baixe impostos.
Fálase
A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte multa a seis afeccionados polos incidentes do partido no que o Club Deportivo Lugo se enfrontou ao Real Oviedo. Un siareiro asturiano chegou a saltar un valo de protección para tentar agredir a un lugués.
A candidatura de Madrid 2020 empregou para o seu logo unha tipografía da que non tiña os dereitos. O logo de Madrid 2020 non gaña para disgustos
Javier Guerra asegura que "hoxe é un día feliz para Galicia" tras o aval de Pymar ao concurso de acredores de Factorías Vulcano. O conselleiro destaca que o estaleiro poderá traballar no buque 533. Este non é un novo contrato e terá un sobrecusto porque se entregará tarde
O BNG acusa a Xunta de apostar por un modelo "terceiromundista e colonial" ao permitir piscifactorías en calquera punto da costa galega
Pachi Vázquez, convencido de que as eleccións autonómicas serán en outubro ou mesmo en xuño. Coida que Feijóo tratará de converter este período nun mero "tempo de desconto". No marco do Congreso Nacional do PSdeG, estrea videoblog.
Un sindicato de policías grego pretende arrestar aos representantes do Fondo Monetario Internacional, o BCE e a Unión Europea. Lido en Reuters
As empresas poderán despedir máis barato (33 días con límite de 24 mensualidades) malia que non acrediten perdas económicas. Rolda de prensa do Consello de Ministros
Camps responde con sorna a unha protesta de estudantes en Valencia. No diario El País
O Goberno xeneraliza o despedimento con 33 días de indemnización. As empresas de traballo temporal traballarán como axencias de colocación. As mutuas controlarán o "excesivo" absentismo laboral