Pachi Vázquez, convencido de que as eleccións autonómicas serán en outubro ou mesmo en xuño. Coida que Feijóo tratará de converter este período nun mero "tempo de desconto". No marco do Congreso Nacional do PSdeG, estrea videoblog.
Fálase
Un sindicato de policías grego pretende arrestar aos representantes do Fondo Monetario Internacional, o BCE e a Unión Europea. Lido en Reuters
As empresas poderán despedir máis barato (33 días con límite de 24 mensualidades) malia que non acrediten perdas económicas. Rolda de prensa do Consello de Ministros
Camps responde con sorna a unha protesta de estudantes en Valencia. No diario El País
O Goberno xeneraliza o despedimento con 33 días de indemnización. As empresas de traballo temporal traballarán como axencias de colocación. As mutuas controlarán o "excesivo" absentismo laboral
Xosé Manuel Pérez Bouza, ex senador e candidato do BNG por Ourense nas pasadas eleccións xerais, abandona a formación frontista. Comunicoullo á dirección do Bloque a través dunha carta dirixida á secretaria de organización, Montse Prado. Máis información.
Esta mañá o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, é xulgado por ter criticado que o xuíz decano da Coruña empregase oficialmente o topónimo La Coruña. Unha concentración ás portas do xulgado rexeita as acusacións e apoia ao líder da organización a prol da lingua.
Pachi Vázquez apoia a José Ramón Gómez Besteiro para dirixir o PSdeG de Lugo e o presidente da Deputación desa provincia subliña que "o apoio lexitimador" vén "dos militantes"
Os traballadores de Clece, concesionaria de limpeza da Universidade de Santiago, están concentrados na Praza do Obradoiro
Os altos cargos da Axencia Tributaria en Galicia repártense máis de 1,28 millóns no plus de produtividade. É unha denuncia do sindicato CIG