Os traballadores de Clece, concesionaria de limpeza da Universidade de Santiago, están concentrados na Praza do Obradoiro
Fálase
Os altos cargos da Axencia Tributaria en Galicia repártense máis de 1,28 millóns no plus de produtividade. É unha denuncia do sindicato CIG
As protestas contra a corrupción reciben a Francisco Camps ás portas da Universidade Miguel Hernández. Hoxe defende a súa tese de doutoramento. Cóntao Vilaweb
Alemaña, disposta a suavizar o programa de austeridade do Goberno portugués de Passos Coelho. O proritario é Grecia. Cóntao o diario luso Jornal de Negócios
No mesmo día en que Garzón é inhabilitado, faise público que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos con sede en Estrasburgo admite a trámite a denuncia contra os crimes practicados polo réxime fascista do xeneral Franco
Os traballadores de Vulcano iniciaron este mediodía un peche nas instalacións do estaleiro vigués. Reclaman que Pymar acepte unha quita do 80% sobre a débeda da compañía
O CSIC corrobora a vixencia do hórreo como método de preservación do millo. Máis información en Cultura Galega.
O guitarrista de Sonic Youth, Thurston Moore actuará no centro Ágora da Coruña o 14 de marzo, un mes no que John Cale, Low, Jon Spencer Blues Explosion e Mark Lanegan tamén actuarán en Galicia. Máis información, en Desconcierto
Crónica sobre o debate interno que se está a producir en Máis Galiza verbo da súa continuidade no BNG de La Opinión
O ministro de Economía, Luis de Guindos, cazado durante unha conversa co comisario europeo de Asuntos Económicos, Olli Rehn: "A reforma laboral vai ser extremadamente agresiva"