O guitarrista de Sonic Youth, Thurston Moore actuará no centro Ágora da Coruña o 14 de marzo, un mes no que John Cale, Low, Jon Spencer Blues Explosion e Mark Lanegan tamén actuarán en Galicia. Máis información, en Desconcierto
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f341f5a9ecb2-thurstonmoore-456x200.jpg)
O guitarrista de Sonic Youth, Thurston Moore actuará no centro Ágora da Coruña o 14 de marzo, un mes no que John Cale, Low, Jon Spencer Blues Explosion e Mark Lanegan tamén actuarán en Galicia. Máis información, en Desconcierto
Crónica sobre o debate interno que se está a producir en Máis Galiza verbo da súa continuidade no BNG de La Opinión
O ministro de Economía, Luis de Guindos, cazado durante unha conversa co comisario europeo de Asuntos Económicos, Olli Rehn: "A reforma laboral vai ser extremadamente agresiva"
Unhas 200 persoas intentaron entrar esta tarde á forza na sede central de Novagalicia Banco en Vigo, en protesta pola "estafa" das participacións preferentes. Este sábado hai unha asemblea informativa para os afectados en Cangas do Morrazo, ás 11:00 horas no Concello
O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, será xulgado mañá por ter criticado ao xuíz decano da Coruña despois de que se gabase de empregar o topónimo La Coruña. Hoxe diversos persoeiros da cultura galega apoiaron a Callón e o manifesto na súa defensa xunta xa máis de 1.000 asinantes. Mañá, A Mesa convoca unha concentración ante os xulgados coruñeses ás 12 da mañá. Manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización da súa defensa!
O Goberno español quéixase oficialmente ante o Goberno francés pola parodia a deportistas nun programa de monicreques. Ademais, o embaixador de España en Francia remitirá un comunicado de protesta a todos os medios dese país. En TVE
Guillerme Vázquez convida a quen queira marchar do BNG a facelo "canto antes" porque a formación non pode estar "permanentemente enredada"
Centos de persoas participaron este mediodía na mobilización convocada polos sindicatos da función pública para reclamar diante da Xunta uns "servizos públicos e de calidade"
O Tribunal Supremo condena a Baltasar Garzón a 11 anos de inhabilitación por ordenar escoitas aos cabecillas da trama Gürtel
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclamou hoxe na Coruña o "cumprimento" das promesas feitas polo PP ao sector naval. “O señor Rajoy, que empeza a viaxar a Bruxelas con frecuencia, que o faga para pedir solucións", dixo Vázquez na mobilización dos empregados de Navantia.