O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclamou hoxe na Coruña o "cumprimento" das promesas feitas polo PP ao sector naval. “O señor Rajoy, que empeza a viaxar a Bruxelas con frecuencia, que o faga para pedir solucións", dixo Vázquez na mobilización dos empregados de Navantia.
