Consello da Xunta: Feijóo detalla que a Xunta repartirá poemarios de Celso Emilio Ferreiro por correo nas máis de vinte rúas do país que levan o nome do escritor.
Fálase
Feijóo dá conta do cesamento do director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida. Sinala que vai ter "responsabilidades no Goberno central. O alto cargo de Traballo ten sido duramente criticado pola oposición a causa da súa presunta implicación en inspeccións "irregulares", segundo o PSdeG, no marco da chamada 'trama agraria'. Substitúeo a ex deputada Amparo González.
No Consello, tal e como estaba previsto, dáselle luz verde ao Plan Director de Acuicultura. Nuns minutos saberemos onde permite a Xunta instalar novas piscifactorías.
O Consello da Xunta inicia os trámites da Lei de Telecomunicacións. Todos os operadores de telefonía estarán obrigados a compartir a súa infraestrutura e os plans urbanísticos terán que prever as canalizacións de datos.
Os funcionarios ateigan a entrada principal do complexo de San Caetano mentres se celebra o Consello da Xunta, en protesta polos plans de recorte. No interior, moitos máis efectivos da Policía Autonómica dos habituais.
A taxa de paro xuvenil en Grecia supera o 48%, o doble que ao inicio da crise. O ministro de Finanzas acode hoxe a Bruxelas sen un acordo pechado para lograr o segundo rescate en menos de dous anos. Cóntao o Athens News
A CIG suxírelle á Xunta que, "dentro da moda de recortes", comece por eliminar as "publicacións que emprega para facer propaganda institucional". Os corredores de Medio Rural están cheos de "palés" con 25.000 exemplares da revista da Consellería. Denuncia da CIG.
El Mundo e ABC levan ás súas portadas unha curiosa imaxe de Alfredo Pérez Rubalcaba con Rosa Díez, onte no Congreso. "Así se gaña un congreso", titula o diario dirixido por Pedro J. Ramírez.
Os traballadores do naval que marchaban dende Ferrol xa están na Coruña
Washington convértese no sétimo estado dos Estados Unidos que aproba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Un estudo do Pew Center indica que o apoio a estas unións non deixa de crecer en norteamérica, e se sitúa xa no 45%, o dobre que en 1996. Entre os menores de 30 anos o apoio é do 64%.