Washington convértese no sétimo estado dos Estados Unidos que aproba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Un estudo do Pew Center indica que o apoio a estas unións non deixa de crecer en norteamérica, e se sitúa xa no 45%, o dobre que en 1996. Entre os menores de 30 anos o apoio é do 64%.
Fálase
Hoxe continúan as protestas contra o anteproxecto de lei da Función Pública. Ás doce hai unha concentración de delegados diante de San Caetano, en Santiago de Compostela
Non houbo acordo en Grecia para levar a cabo os duros axustes esixidos pola troika. Esta tarde haberá unha reunión "urxente" do Eurogrupo. O país está pendente dun segundo rescate por valor de 145.000 millóns
Xa hai finalistas da Copa d'El-Rei de fútbol: Athletic Club de Bilbao e Fútbol Club Barcelona, os dous equipos con máis vitorias na historia do torneo. A pesar de que xuntos suman 69 finais e 48 títulos, só se viron na final seis veces antes: en 1932 e 1984 venceu o Athletic, mentres en que en 1920, 1942, 1953 e 2009 foi o Barcelona quen se fixo co título.
A dirección do referente xuvenil de Máis Galiza, a Mocidade Nacionalista Galega, aposta por deixar as mocidades do BNG. Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
Grecia recortará o salario mínimo un 20%, cumprindo así coas esixencias da troika (BCE, FMI e Bruxelas). Os medios gregos avanzan que hai acordo para aplicar outro recorte de 13.000 millóns de euros.
As caixas teñen novo convenio colectivo. O acordo ten catro anos de vixencia: dous deles con conxelación de salarios e outros dous con vinculación á "eficiencia" e á evolución económica española. Deslígase do IPC.
A Plataforma polo Aforro Público convoca para este xoves pola tarde concentracións fronte ás sedes de NGB en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña e Ourense. Os obxectivos da plataforma son facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais.
Novos datos do CERN elevan a probabilidade de que exista o bosón de Higgs até o 99,996%
O grupo de traballo Ciudad y Procomún de Medialab-Prado propón o deseño colaborativo dun carril bici baseado en cartografía e aplicacións libres para propoñer unha alternativa en Madrid que favoreza a mobilidade urbana