A dirección do referente xuvenil de Máis Galiza, a Mocidade Nacionalista Galega, aposta por deixar as mocidades do BNG. Máis información, nuns minutos en Praza Pública.
Fálase
Grecia recortará o salario mínimo un 20%, cumprindo así coas esixencias da troika (BCE, FMI e Bruxelas). Os medios gregos avanzan que hai acordo para aplicar outro recorte de 13.000 millóns de euros.
As caixas teñen novo convenio colectivo. O acordo ten catro anos de vixencia: dous deles con conxelación de salarios e outros dous con vinculación á "eficiencia" e á evolución económica española. Deslígase do IPC.
A Plataforma polo Aforro Público convoca para este xoves pola tarde concentracións fronte ás sedes de NGB en Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña e Ourense. Os obxectivos da plataforma son facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais.
Novos datos do CERN elevan a probabilidade de que exista o bosón de Higgs até o 99,996%
O grupo de traballo Ciudad y Procomún de Medialab-Prado propón o deseño colaborativo dun carril bici baseado en cartografía e aplicacións libres para propoñer unha alternativa en Madrid que favoreza a mobilidade urbana
Emilio José: "O que me irrita da vida é que non hai tempo"
Ana Pontón amosa na SER Galicia o seu "respecto" polas correntes do BNG "que están pensando o seu futuro" pero "acredita en que o BNG segue sendo a casa común do nacionalismo". "Hai que traballar por recuperar esa unidade", subliña.
Michel Teló e a manifestação nacional convocada pola CGTP para este sábado en Lisboa: "Ai, não nos calam. Ai, não, não nos calam!"
A plataforma Red SOStenible refúndase cunha carta aberta dirixida ao ministro de Cultura na que lle esixe a derogación da Lei Sinde-Wert, o rexeitamento á ACTA, Lei de transparencia, Lei de neutralidade da Rede, o impulso de novos modelos para o sector creativo e o aforro de fondos públicos co uso do software libre no sector público. O texto completo, aquí.