O Goberno español quéixase oficialmente ante o Goberno francés pola parodia a deportistas nun programa de monicreques. Ademais, o embaixador de España en Francia remitirá un comunicado de protesta a todos os medios dese país. En TVE
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f33f4793298b-guinoles_canal_francia.jpg)
O Goberno español quéixase oficialmente ante o Goberno francés pola parodia a deportistas nun programa de monicreques. Ademais, o embaixador de España en Francia remitirá un comunicado de protesta a todos os medios dese país. En TVE
Guillerme Vázquez convida a quen queira marchar do BNG a facelo "canto antes" porque a formación non pode estar "permanentemente enredada"
Centos de persoas participaron este mediodía na mobilización convocada polos sindicatos da función pública para reclamar diante da Xunta uns "servizos públicos e de calidade"
O Tribunal Supremo condena a Baltasar Garzón a 11 anos de inhabilitación por ordenar escoitas aos cabecillas da trama Gürtel
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclamou hoxe na Coruña o "cumprimento" das promesas feitas polo PP ao sector naval. “O señor Rajoy, que empeza a viaxar a Bruxelas con frecuencia, que o faga para pedir solucións", dixo Vázquez na mobilización dos empregados de Navantia.
Consello da Xunta: Rosa Quintana confirma que "a partir de outubro" haberá vía libre para instalar unha piscifactoría en Cabo Touriñán
Consello da Xunta: A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anuncia que "se pode desenvolver acuicultura en todos os ámbitos de protección ambiental, pero as esixencias serán distintas" dependendo da área.
Consello da Xunta: Feijóo detalla que a Xunta repartirá poemarios de Celso Emilio Ferreiro por correo nas máis de vinte rúas do país que levan o nome do escritor.
Feijóo dá conta do cesamento do director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida. Sinala que vai ter "responsabilidades no Goberno central. O alto cargo de Traballo ten sido duramente criticado pola oposición a causa da súa presunta implicación en inspeccións "irregulares", segundo o PSdeG, no marco da chamada 'trama agraria'. Substitúeo a ex deputada Amparo González.
No Consello, tal e como estaba previsto, dáselle luz verde ao Plan Director de Acuicultura. Nuns minutos saberemos onde permite a Xunta instalar novas piscifactorías.