O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, será xulgado mañá por ter criticado ao xuíz decano da Coruña despois de que se gabase de empregar o topónimo La Coruña. Hoxe diversos persoeiros da cultura galega apoiaron a Callón e o manifesto na súa defensa xunta xa máis de 1.000 asinantes. Mañá, A Mesa convoca unha concentración ante os xulgados coruñeses ás 12 da mañá. Manifesto Queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización da súa defensa!