Esta mañá o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, é xulgado por ter criticado que o xuíz decano da Coruña empregase oficialmente o topónimo La Coruña. Unha concentración ás portas do xulgado rexeita as acusacións e apoia ao líder da organización a prol da lingua.
