Camps responde con sorna a unha protesta de estudantes en Valencia. No diario El País
Fálase
O Goberno xeneraliza o despedimento con 33 días de indemnización. As empresas de traballo temporal traballarán como axencias de colocación. As mutuas controlarán o "excesivo" absentismo laboral
Xosé Manuel Pérez Bouza, ex senador e candidato do BNG por Ourense nas pasadas eleccións xerais, abandona a formación frontista. Comunicoullo á dirección do Bloque a través dunha carta dirixida á secretaria de organización, Montse Prado. Máis información.
Esta mañá o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, é xulgado por ter criticado que o xuíz decano da Coruña empregase oficialmente o topónimo La Coruña. Unha concentración ás portas do xulgado rexeita as acusacións e apoia ao líder da organización a prol da lingua.
Pachi Vázquez apoia a José Ramón Gómez Besteiro para dirixir o PSdeG de Lugo e o presidente da Deputación desa provincia subliña que "o apoio lexitimador" vén "dos militantes"
Os traballadores de Clece, concesionaria de limpeza da Universidade de Santiago, están concentrados na Praza do Obradoiro
Os altos cargos da Axencia Tributaria en Galicia repártense máis de 1,28 millóns no plus de produtividade. É unha denuncia do sindicato CIG
As protestas contra a corrupción reciben a Francisco Camps ás portas da Universidade Miguel Hernández. Hoxe defende a súa tese de doutoramento. Cóntao Vilaweb
Alemaña, disposta a suavizar o programa de austeridade do Goberno portugués de Passos Coelho. O proritario é Grecia. Cóntao o diario luso Jornal de Negócios
No mesmo día en que Garzón é inhabilitado, faise público que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos con sede en Estrasburgo admite a trámite a denuncia contra os crimes practicados polo réxime fascista do xeneral Franco