O feminismo galego maniféstase este domingo en Compostela. A marcha partirá ás 12 horas da estación de tren e rematará na Praza da Quintana.
Fálase
O PSdeG-PSOE celebra este domingo Comité Nacional, que fixará a data das eleccións primarias nas que se decidirá o nome do candidato ou candidata á Presidencia da Xunta. O actual secretario xeral da formación, José Ramón Gómez Besteiro, aínda non confirmou a súa disposición a presentarse.
O PP de Lugo elixe este domingo nova presidenta provincial. 764 compromisarios/as, en representación dos/as 12.000 militantes da formación, escollerán entre a delegada da Xunta, Raquel Arias, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.
Pedro Sánchez reafirma a súa alianza con Ciudadanos nunha entrevista en El País, na que destaca que “quen queira ser candidato debe ter máis de 130 votos”, e bloqueando calquera posibilidade de pacto sen a formación que lidera Albert Rivera.
Marilar Aleixandre ocupará a cadeira de Neira Vilas na Real Academia Galega. A RAG salientan que como bióloga e experta en educación "foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das ciencias"
Cruz confírmase como o único rival de Trump, gañando en dous dos catro estados nos que os republicanos celebraron primarias este sábado. Sanders mantén viva a pelexa con Clinton, facéndose con dous dos tres estados en loita nos demócratas
Baleares pode converterse na terceira comunidade autónoma que prohíba as touradas. O Parlamento debaterá unha proposición de lei, impulsada por Podemos, Més e PSOE para garantir a protección integral dos animais sen excepcións, tamén nos circos, as corridas de touros ou os correbous.
Milleiros de persoas asisten no Velódromo de Anoeta ao recibimento a Arnaldo Otegi. O líder abertzale insta "a nova esquerda española" a abrir "procesos constituíntes" en todo o Estado
A policía turca asalta a redacción do xornal opositor Zaman, o máis lido do país, que pasará a ser controlado por un fiduciario estatal. Ademais, Turquía deporta unha diputada da CUP que ía participar nunha marcha feminista kurda
Baltar, elixido de novo presidente do PP de Ourense co 95,66% dos votos. A vicesecretaria nacional do Partido Popular, Andrea Levy, criticou os que se "autoetiquetan" como "nova política" e pretenden "ensinarlles" aos populares ourensáns como deben facer as cousas