Feijóo cuestiona "o rigor" de MAFO e asegura que "menos mal" que o Banco de España "cambiou de gobernador".
Fálase
O Concello de Ames pagou 12.100 euros por un estudo para un concurso de abastecemento de auga copiado de El Rincón del Vago. O caso foi denunciado polos concelleiros de Pacto por Ames, escindidos do PP, que atoparon o documento orixinal, practicamente idéntico, na rede.
A patronal galega do eólico denuncia que a Xunta bloquea o sector "5 años máis" para cobrarlle a taxa de transmisións aos parques e insiste en que provoca "máis inseguridade xurídica"
Os Mossos d'Esquadra están a desaloxar nestes momentos unha nave no barrio de Poble Nou, en Barcelona, onde viven centos de inmigrantes.
A coordinadora de afectados polas participacións preferentes de NGB acorda sacar os seus aforros da entidade, ao redor de 1.200.000 euros. Tamén barallan a posibilidade de designar un representante no consello de administración, ao representar case o 10 por cento do capital, e convocan unha manifestación en Sanxenxo, onde veranea Rajoy, o 10 de agosto..
Estados Unidos dá por enquistada a guerra en Siria. O Pentágono advirte dos altos custes e dos riscos das opcións militares que baralla para intervir no conflito
Centos de manifestantes bloquean o Parlamento búlgaro en protesta pola corrupcción e ducias de persoas -deputados, tres ministros e varios xornalistas- tiveron que sair escoltados. A comisaria europea de Xustiza, Viviane Reding, reiterou este martes o seu apoio aos manifestantes
Afectados polas preferentes propoñen unha retirada masiva de cartos de Novagalicia Banco. Sacarían da entidade o que recuperaron a través do Fondo de Garantía, segundo conta La Voz.
Un grupo de programadores e deseñadores no evento /dev/fort realizou History Mesh, unha atractiva representación gráfica do desenvolvemento tecnolóxico dos autómatas, os ordenadores, a enerxía e a industria téxtil nos últimos tres mil anos
Durão Barroso preguntoulle a Duran i Lleida na Comisión Europea se cre que Mariano Rajoy pode caer