Feijóo conclúe a súa intervención ante o congreso do PP convidando os seus compañeiros a "inspirarse" na figura de Manuel Fraga. "Propóñovos que reflexionedes nunha persoa que non impuxo a súa ideoloxía, senón que a puxo á disposición dos demais", subliñou.
Fálase
Tras Feijóo, o aplausómetro do congreso do PP toca teito para recibir a José María Aznar . O plenario, en pé.
Feijóo asegura ante o congreso do PP que "o maior copagamento" foi o atraso da idade de xubilación aos 67 anos
O presidente do congreso do PP pide silencio e que os compromisarios senten para escoitar a Alberto Núñez Feijóo
O ministro de Industria, José Manuel Soria, inicia a súa intervención ante o congreso do PP saudando os seus "compatriotas" canarios
No congreso do PP, o líder do partido en Euskadi, Antonio Basagoiti, asegura que os "valores" que alí se defenden non son só da formación de Mariano Rajoy, senón de "toda a civilización occidental". Nese precepto engloba a posición a respecto da interrupción voluntaria do embarazo.
No congreso do PP o modelo é Fraga: El PP estudia su renovación mirando al pasado que representa "don Manuel"
Meteogalicia constata que estamos nun episodio de seca. O ano 2011 foi un 32% máis seco do normal.
En tempos de preocupación pola imaxe internacional, o New York Times fíxase en España na súa sección de fotos do día... pola dura carga da Policía Nacional contra os estudantes en Valencia. Cóntao Nació Digital.
O conselleiro de Educación e o delegado da Xunta en Ourense esqueceron as preocupacións por unhas horas para entregarse ao Entroido de Verín. Atopounos El País