Meteogalicia constata que estamos nun episodio de seca. O ano 2011 foi un 32% máis seco do normal.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f3f74f11b6e4-imaxe.jpg)
Meteogalicia constata que estamos nun episodio de seca. O ano 2011 foi un 32% máis seco do normal.
En tempos de preocupación pola imaxe internacional, o New York Times fíxase en España na súa sección de fotos do día... pola dura carga da Policía Nacional contra os estudantes en Valencia. Cóntao Nació Digital.
O conselleiro de Educación e o delegado da Xunta en Ourense esqueceron as preocupacións por unhas horas para entregarse ao Entroido de Verín. Atopounos El País
Se mirades a portada de Praza, veredes que acabamos de activar o suplemento de fin de semana (que poderedes ver sempre de venres a domingo): reportaxes, vídeos e unha selección de posts dos blogs do xornal.
Fitch eleva a nota de solvencia de Islandia. Pasa de BB+ a BBB-, un aprobado. A perspectiva é estable, en contra do que sucede coa inmensa maioría dos países da eurozona. Enlace á nota de prensa (en inglés) de Fitch Ratings
O Consello de Ministros autorizou este venres á Xunta de Galicia a realizar operacións de endebedamento por 434,87 millóns de euros.
Volven as touradas a Televisión Española. Cóntao Público.
O PPdeG remite un comunicado aos medios para asegurar que "coincide co PSOE vigués nas súas críticas á actual dirección dos socialistas galegos" e recoméndalle a Pachi Vázquez que "reflexione se debe presentarse" á reeleción no Congreso de marzo
A folga xeral da CIG será o 29 de marzo. Así o acaba de avanzar o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo
Novagalicia Banco incrementou nun 1,6% o financiamento ao tecido produtivo galego, informou a entiade en nota de prensa. "O crecemento en volume de crédito formalizado ratifica o compromiso da entidade financeira co sector empresarial de Galicia", afirma NGB. En total concedeu 5.521 millóns de euros