O PPdeG remite un comunicado aos medios para asegurar que "coincide co PSOE vigués nas súas críticas á actual dirección dos socialistas galegos" e recoméndalle a Pachi Vázquez que "reflexione se debe presentarse" á reeleción no Congreso de marzo
Fálase
A folga xeral da CIG será o 29 de marzo. Así o acaba de avanzar o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo
Novagalicia Banco incrementou nun 1,6% o financiamento ao tecido produtivo galego, informou a entiade en nota de prensa. "O crecemento en volume de crédito formalizado ratifica o compromiso da entidade financeira co sector empresarial de Galicia", afirma NGB. En total concedeu 5.521 millóns de euros
José María Arias Mosquera e Jorge Gost, até o de agora máximos responsables de Banco Pastor, deixan de ter funcións executivas. O novo director xeral da entidade é José Manuel Hevia Fernández. Arias e Gost son xa presidente e vicepresidente do consello de administración, respectivamente, sen facultades para a xestión
Unha base estadounidense de avións non tripulados en Trasmiras? Semella que o exército dos EUA está a optar pola localidade ourensá. En El Confidencial Digital
A Xunta vén de responder unha pregunta parlamentaria presentada por Anxo Quintana, que non é deputado dende o pasado verán.
Conta La Información que "o emprego fixo existe": Jordi Hurtado cumpre 15 anos en 'Saber y ganar'
O presidente alemán, Christian Wulff, está a piques de dimitir por recibir trato de privilexio na concesión de fondos para adquirir a súa vivenda. En Alemaña, a lei impide os políticos recibir agasallos vinculados ao seu cargo. En La Información
O PSdeG celebrou nas últimas horas varias asembleas previas ao seu Congreso Nacional. En Vigo, os militantes rexeitaron o informe de xestión do secretario xeral, Pachi Vázquez. En Lugo, José Blanco subliñou que non entra nos seus plans optar á candidatura á Xunta.
Hoxe cúmprese un ano da prohibición de que TV3 emita na Comunidade Valenciá. Este sábado haberá unha manifestación en Castelló reivindicando a restitución do sinal #sensesenyal