O PSdeG celebrou nas últimas horas varias asembleas previas ao seu Congreso Nacional. En Vigo, os militantes rexeitaron o informe de xestión do secretario xeral, Pachi Vázquez. En Lugo, José Blanco subliñou que non entra nos seus plans optar á candidatura á Xunta.
Fálase
Hoxe cúmprese un ano da prohibición de que TV3 emita na Comunidade Valenciá. Este sábado haberá unha manifestación en Castelló reivindicando a restitución do sinal #sensesenyal
O vicesecretario de comunicación do PP, Esteban González-Pons, tenta zanxar a polémica sobre a definición do partido asegurando que "o apelativo 'cristiano' non ten connotacións relixiosas". Recólleo Público
Le Monde publica unha entrevista con Artur Mas na que o presidente da Generalitat salienta que "Catalunya podería ser perfectamente un Estado dentro da Unión Europea"
O sindicato portugués CGTP vén de convocar unha folga xeral para o próximo 22 de marzo. Máis de 300.000 persoas saíron á rúa a pasada fin de semana no país veciño contra os recortes e a excesiva austeridade, que xa provocaron a destrución de máis de 100.000 postos de traballo. A CIG tamén chamará aos galegos a unha folga xeral na última semana se marzo
Despois de ter denominado os manifestantes do 15M como "camorristas" "pendencieros" ou parte dun "movemento totalitario", o PP de Madrid presume agora do movemento de indignación na presentación da candidatura para acoller os Xogos Olímpicos, destacando o seu "carácter pacífico".
Os usuarios de twitter son máis sexy que os de Facebook, segundo un 'estudo'
O número de créditos dubidosos ascendeu en decembro a 135.749 millóns de euros, case 30.000 millóns máis que en decembro de 2010. A taxa de morosidade (dubidosos sobre o crédito total), está xa no 7,61%. Datos de última hora do Banco de España
O Concello de Vigo elimina o apoio económico ao Festival Sinsal. Porén, dende Sinsal din que o festival se seguirá celebrando.
Grecia espera o veredicto europeo. O país que preside Lukas Papademos recortará outros 325 millóns de euros tal e como pedía a troika. Malia á crecente contestación social, o Executivo tecnócrata cumpriu con todos os requerimentos de Bruxelas e o FMI para lograr o segundo rescate en menos de dous anos. No Ekathimerini