O número de créditos dubidosos ascendeu en decembro a 135.749 millóns de euros, case 30.000 millóns máis que en decembro de 2010. A taxa de morosidade (dubidosos sobre o crédito total), está xa no 7,61%. Datos de última hora do Banco de España
Fálase
O Concello de Vigo elimina o apoio económico ao Festival Sinsal. Porén, dende Sinsal din que o festival se seguirá celebrando.
Grecia espera o veredicto europeo. O país que preside Lukas Papademos recortará outros 325 millóns de euros tal e como pedía a troika. Malia á crecente contestación social, o Executivo tecnócrata cumpriu con todos os requerimentos de Bruxelas e o FMI para lograr o segundo rescate en menos de dous anos. No Ekathimerini
Polémica entre os sectores ultras do PP, no camiño cara ao seu Congreso, por unha emenda que pide que o partido deixe de definirse como 'cristián'. A ponencia oficial, que afirma que o PP está inspirado polos valores do "humanismo cristián", foi redactado por Santiago Cervera, José Ramón Bauzá e Alberto Núñez Feijóo.
A FPG abandona a plataforma conxunta da esquerda independentista Causa Galiza.
O Instituto Galego de Estatística dá por feito que a economía galega entrará en recesión neste ano. Podedes ler a nova con máis detalle na web de Europa Press e consultar os datos completos que proporciona o IGE. Os datos do conxunto do Estado están disponibles aquí.
Os sindicatos de Novagalicia Banco reuníronse hoxe coa empresa para abordar a negociación do ERE de 750 persoas e outras medidas laborais que supoñen reducir en ata un 20% o salario dos traballadores. Fontes sindicais consultadas por Praza restaron importancia ao encontro. "Pedímoslle documentación e trouxeron pouca".
O PSOE vigués segue dando o que falar. Se onte trascendeu o abandono do partido por parte do grupo de militantes que apoian a figura de Miguel Barros, hoxe a asemblea da agrupación local reprobou a xestión da dirección nacional do PSdeG. O máis destacable do caso é que o informe de xestión non recibiu nin un só voto favorable.
O manifesto contra a Marxinación do galego nos medios tenta acadar as 5.000 asinaturas para presionar os medios que nin sequera respectan as declaracións realizadas en lingua galega. Podes apoialo aquí.
O 'número dous' do PP de Euskadi non morde a lingua ao falar de Rosa Díez. A líder de UPyD "non é de fiar" porque "o mesmo defende o GAL que negociar con ETA", afirma. Cóntao El País