A FPG abandona a plataforma conxunta da esquerda independentista Causa Galiza.
Fálase
O Instituto Galego de Estatística dá por feito que a economía galega entrará en recesión neste ano. Podedes ler a nova con máis detalle na web de Europa Press e consultar os datos completos que proporciona o IGE. Os datos do conxunto do Estado están disponibles aquí.
Os sindicatos de Novagalicia Banco reuníronse hoxe coa empresa para abordar a negociación do ERE de 750 persoas e outras medidas laborais que supoñen reducir en ata un 20% o salario dos traballadores. Fontes sindicais consultadas por Praza restaron importancia ao encontro. "Pedímoslle documentación e trouxeron pouca".
O PSOE vigués segue dando o que falar. Se onte trascendeu o abandono do partido por parte do grupo de militantes que apoian a figura de Miguel Barros, hoxe a asemblea da agrupación local reprobou a xestión da dirección nacional do PSdeG. O máis destacable do caso é que o informe de xestión non recibiu nin un só voto favorable.
O manifesto contra a Marxinación do galego nos medios tenta acadar as 5.000 asinaturas para presionar os medios que nin sequera respectan as declaracións realizadas en lingua galega. Podes apoialo aquí.
O 'número dous' do PP de Euskadi non morde a lingua ao falar de Rosa Díez. A líder de UPyD "non é de fiar" porque "o mesmo defende o GAL que negociar con ETA", afirma. Cóntao El País
Unha excelente manipulación permite ver a Putin detido e detrás das reixas. O vídeo emprega imaxes do xuízo ao empresario Mijaíl Jodorkovsky.
A Xunta négase a informar sobre o último contrato asinado con Eisenman para a Cidade da Cultura, en xuño de 2010. Ana Pontón denuncia que o goberno galego negouse a respostar unha pregunta parlamentaria do BNG sobre "o custe real da paralización das obras". O último contrato asinado con Eisenman ascendeu a 1'5 millóns de euros, acumulando un total de 11'17 millóns dende o inicio do proxecto.
Un grupo de traballadores da residencia de anciás de Volta do Castro, de Santiago, mercáronlle una entrada de cinema ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que acuda a ver o filme de animación Arrugas e coñeza así como transcorre a vida nun centro destas características, "xa que non se digna a visitar os seus propios centro de traballo".
A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño decidiu crear unha comisión, formada por Xosé Manuel Beiras, Concha Trigo e Mario López Rico, para tratar co BNG, en “boa avinza, a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal. Así mesmo, impulsaranse grupos de base nas localidades e comarcas "conxuntamente con todos aqueles que se identifiquen coa idea do novo proxecto común".